VOGALIZA é un evento da música tradicional coral galega conformada por dúas partes diferenciadas:
- Concurso de Harmonización Coral
- Concerto Coral de Música Tradicional Galega
****Resultados Vogaliza 2011:****
reunidos os membros do xurado en Vigo a 16 de maio de 2011 deciden declarar finalistas do concurso Vogaliza edición 2011 a:
Helena Sousa, coa harmonización coral de – Tanto vay Santa María
Estefanía Vicente – Abreme la porta
Xurxo Fernández – O laranxal d’amor
Juan Daniel Romero – Quer que lle quer
Olga García – Esta noite ei dir aló
Arturo Irisarri – Ven bailar Carmiña
Marta Vázquez – Téñoche un can de palleiro
asimesmo o xurado decide declarar gañador do concurso Vogaliza 2011 a:
Xurxo Fernández Fernández, coa harmonización coral de – O laranxal d’ amor
Noraboa a todos os participantes e quedades convidados para a seguinte edición do concurso.